Máis de cincuenta mozos e mozas de entre 8 e 18 anos presentaron as súas solicitudes para participar no concurso de novos talentos «O Talentiño» deste ano.
O xurado seleccionará nos próximos días aos finalistas que pasarán a actuar na gran final, que se celebrará no teatro Jofre o vindeiro domingo día 23 ás 19.00 horas.
Venres 14 de febreiro de 2025 – O concurso O Talentiño, dirixido a mozos e mozas de entre 8 e 18 anos, está a ter un éxito sen precedentes.
A inscrición pecharase hoxe ás 23.59 horas, superando o número de participantes das dúas edicións anteriores. A falta de poucas horas para o remate do prazo, máis de cincuenta mozos da comarca (Ferrol, Fene, Cedeira, Valdoviño, Ares, e Narón) xa se sumaron a esta iniciativa, reflectindo o crecente interese por participar neste escaparate do talento local.
O certame, que busca promover e premiar o talento novo, superou todas as expectativas, consolidándose como un dos eventos de referencia da comarca. Durante as últimas semanas, os organizadores recibiron numerosas solicitudes, destacando pola diversidade e calidade dos seus participantes.
Os organizadores e produtores do certame O Talentiño queren agradecer a ilusión e a confianza mostrada por todos os inscritos Lembran que hoxe, ás 23:59 horas, está previsto que se celebre unha gran Gala no Teatro do Jofre.
Gala no Jofre con novidades
Nesta edición, o xurado seguirá formado por: a cantante de Eurovisión Lucía Pérez, o cantautor Xabier Vizcaíno, e a bailarina ferrolá Eva Faraldo. Porén, como unha das primeiras novidades que desvela a produción do evento, este ano únese ao xurado de expertos un cuarto membro, nesta ocasión a coñecida presentadora da TVG e cantante da Orquestra Panorama, Fátima Pego. Así mesmo, este ano melloráronse os premios: os gañadores recibirán 300 euros e a posibilidade de aparecer no programa da TVG Quen Anda ahí? e unha entrada a un parque multiaventura, mentres que os subcampións tamén gozarán do acceso a este parque temático. A final, que se celebrará o domingo día 23 ás 19.00 horas no Teatro Jofre, será presentada polo acordeonista Joaquín Enríquez e Rebeca Collado, e contará con numerosas sorpresas.